viernes, 21 de octubre de 2011

BENVIDOS E BENVIDAS AO PONTE A PUNTO 2011-2012!!!

O pasado 17 de outubro deu comezo un ano máis o Ponte a Punto nos diferentes centros educativos de Culleredo, repartíndose da seguinte maneira:

- Un grupo no CEIP Tarrío

- Un grupo no CEIP Sofía Casanova

- Un grupo no CEIP Díaz Pardo

- Dous grupos no IES Eduardo Blanco Amor.

Bo Ponte a Punto e bo curso escolar para todos/as participantes!!

lunes, 4 de octubre de 2010

Xa comeza!!

Rapaces e rapazas, gustaríame que me contásedes moitas cousas:
- Que tal o comezo do curso?
- Como foi o comezo do Ponte a Punto?
- En que curso estades?
- Que vos gusta facer? (aficións, deportes, intereses...)
- Que vos gustaría ser de maior? Que vos gustaría estudar?
Ocórrenseme unha ducia de preguntas pero quero que sexades vós mesm@s @s que saquedes un tema e o poidamos comentar entre tod@s, parécevos? Ademais de que me podedes pedir que vos axude dalgún tema que se vos resiste ou do que queirades máis información, xa que se podo vos vou axudar e orientar.
Se non podedes escribir neste blog ou non sabedes como facelo tamén me podedes mandar un mail a: xavinana@gmail.com
Agradeceríavos moito que me fósedes contando que tal vos vai todo! Quero coñecervos!!
Un saúdo!

martes, 21 de septiembre de 2010

BENVIDOS RAPACES E RAPAZAS A UN ANO MÁIS!!




BENVIDOS A UN NOVO CURSO ESCOLAR E CON EL A UN ANO MÁIS DE PONTE A PUNTO, ONDE UNHAS BOAS MESTRAS VOS AXUDARÁN A QUE OS VOSOS ESTUDOS SEXAN MÁIS LEVADEIROS POR MEDIO DE, COMO MOITOS XA SABEDES, TÉCNICAS, PROPIAMENTE DITAS, DE ESTUDO E ALGÚNS EXERCICIOS PARA QUE ESTUDAR VOS RESULTE MÁIS DOADO E INCLUSO MOTIVANTE, DIVERTIDO OU ATRAÍNTE!! E SEN ESQUECER QUE ESTE BLOG ESTÁ PARA QUE VOS COMUNIQUEDES E PARA QUE VOS GUÍE NAS DÚBIDAS QUE TEÑADES, ISO SI, NECESITO SABELAS... FACÉDEMAS SABER ESCRIBINDO!

VELAQUÍ TEDES A INFORMACIÓN PARA QUE VOS APUNTEDES E OS HORARIOS DOS CENTROS ONDE SE LEVARÁ A CABO PONTE A PUNTO:












DESÉXOVOS UN MOI BO ANO A TOD@S!!

jueves, 15 de julio de 2010

PONTE A PUNTO DE VERÁN

AULA DA ESO











AULA DE EDUCACIÓN PRIMARIA


sábado, 26 de junio de 2010

QUE TAL FORON AS NOTAS CHICOS/AS?

1.E agora no verán que ides facer?

2.A parte de disfrutar do bo tempo, se acompaña, e do tempo de lecer, repasaredes un pouco o aprendido no curso recentemente acabado non?


3.Apuntáchesvos ao Ponte a Punto de verán?

4.Quedáronvos moitos temas por estudar do curso pasado?

5.Cal vos gustou máis? É dicir, por cal sentíchedes maior interese por aprender?

Podemos seguir investigando xuntos!

Unha gran aperta!
Seguimos en contacto!

jueves, 3 de junio de 2010

CARTA ÁS FAMILIAS



Estimadas familias,

Desde a Concellaría de Educación do Concello de Culleredo, quero lembrarlles que sigue en funcionamento o programa estival de reforzo escolar dirixido a alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación primaria e 1º , 2º e 3º de Educación secundaria, programa que se denomina “Ponte a Punto”.

Con este programa, intentamos axudarlles na educación dos seus fillos e fillas fora do horario escolar e en vacacións de verán, con apoios específicos e fomentar os hábitos e técnicas de estudo, todo elo con mestres titulados e preparados para este cometido.

Para xullo e agosto contamos con prazas nos seguintes grupos:

LUGAR:Conservatorio profesional de música
DÍAS:
-> LUNS E MÉRCORES (4 HORAS SEMANAIS): 2 grupos (un de 5º-6º Educ. Primaria e outro de 1º-2º-3º da ESO)
-> MARTES E XOVES (4 HORAS SEMANAIS): 2 grupos (un de 5º-6º Educ. Primaria e outro de 1º-2º-3º da ESO)
HORARIO: de 10:00 - 12:00

INSCRIPCIÓN: No Departamento Municipal de Educación no edificio do Conservatorio profesional de música en O BURGO.
Horario: de 9:00 a 14:00

PINCHANDO NA IMAXE PODERÁN VER MELLOR A INFORMACIÓN QUE SE DESCRIBE